Ola peques e familias!!
Aproveitando que as tecnoloxías xa deixan resumimos nunhas fotiños e vídeos o ben que o pasamos na despedida do curso na que non faltou detalle!! Tivemos tempo para facer unha gran festa da auga con mangueirazos e cubos a tope!!
Tamén de xogar, debuxar, cantar e bailar nunha gran festa con merendola incluída!!
E ata de recoller un premio do campeonato de ping-pong!! Noraboa compi!!

Sen olvidarnos da gran actuación final que puxo o broche de ouro ao noso gran proxecto deste curso: "Arousa en tradición", no que nós "cantamos, contamos e recordamos..."!!
E como era de esperar as emocións estiveron moi presentes!! E moito grazas a vós familias!! Este treneciño que se formou o curso pasado cheo de flores e este con cartas e debuxos moi emotivos e que rematou cun agasallo moi, pero que moi especial non o esquecerei nunca!! Grazas, mil grazas!!
Foron nin máis nin menos que 352 días lectivos xuntas/os!!
Neles aprendemos xogando e xogamos para aprender!! Tamén rimos, rimos moito, ás veces, ata chorar da risa!! Cantamos, bailamos, celebramos festas de DECENAS e ata de CENTENAS!!

Traballamos en equipo buscando sempre a mellor maneira de entendernos, tratarnos ben e, coma sempre vos digo, falarnos AMABLE aínda que non estiveramos de acordo!! E así pouco a pouco aprendemos a solucionar conflitos e medramos en VALORES, ademais de en centímetros!! Foi unha SORTE ser a vosa profe peques e a profe dos vosos/as fillos/as familias!! Coideinos e ensineilles o mellor que souben!!
Agora si que toca despedirse dándovos as GRAZAS e desexándovos un FELIZ E MERECIDO VERÁN!! Vémonos en setembro!!
Apertiñas emocionadas!!
Que gran e emotiva despedida de estes dous cursos!! Gracias a ti por ensinar dende o corazón. Vamos a botar de menos esta ventaniña do blog que nos acercaba a e ensinaba tan ben o que os nosos fillos facian e aprendían contigo. Gracias por todo mestra de sorrisos e tradicións. Carolina.
ResponderEliminarPois si unha gran despedida e que rápido pasaron estos dous cursos. Que tantas cousas aprenderon e moitas gracias por deixarnos ver a través de este blog todas as historias que pasaron nestes dous anos. Cargaron a mochila con moitas vivencias tod@s xunt@s. Gracias e gracias profe Ali, botaremonos de menos 🫂🫂 A nai de Hugo, Noelia
ResponderEliminar