venres, 27 de outubro de 2023

Que peiteadiñ@s saímos hoxe!!

Ola peques e familias!!

Os obradoiros continúan e hoxe visitounos Cristina, a nai de Sofía disposta a deixarnos a todas e todos guapisísim@s!! 

Ela é PEITEADORA!! 

Explicounos os moitísimos SERVIZOS que se ofrecen nesta profesión, todo o que hai que estudar e prepararse pero co que máis alucinamos foi... co seu "BOLSO DE MARY POPPINS"!! Cantísimos instrumentos diferentes utiliza!!

 Pero agora viña o mellor!! Ofreceuse a facernos a tod@s uns peiteados estupendos coa axuda de Sofía!! Ata con moitas cores!! 

Xa vos imaxinades o éxito, pasámolo pipa ademais do guapísim@s que quedamos!! 

Pero aínda había algo máis!! Sofi e Cristina tiñan un agasalliño para nós!! Encantounos!!

Antes de marchar pedimos axuda a Cristina e clasificamos a súa profesión nas que ofrecen SERVIZOS e entregámoslle o merecido DIPLOMA!! 

Vaia grupo de modelos de 1ºA!!


Moitas GRAZAS Cristina e Sofía!! Encantounos a túa profesión, aprendemos un montón, pasámolo ben e saímos guapísim@s!! Que máis se pode pedir?? 
Apertiñas  presumidas!!

5 comentarios:

  1. Gracias por unha mañá tan bonita e entretida!! (Sofia e Cris)

    ResponderEliminar
  2. Foi un moi divertida e eu quero ser peiteadora como Cris, Nora

    ResponderEliminar
  3. Viñeron tan contentos que os chicos a tarde presumiron de peinados no partido de fútbol, que guapos estaban 😍😍 Gracias A MAMÁ DE HUGO

    ResponderEliminar
  4. Pero que ben o pasaron contigo Cris!!! Valentina veu encantada co seu peinado 🥰🥰🥰🥰🥰🥰🥰🥰🥰🥰🥰

    ResponderEliminar
  5. Grandes modelos para grandes peiteados!Gracias Cris por deixalos tan guap@s!💇‍♀️👩‍🦱👩‍🎤👱🏻‍♀️💆‍♀️ Enma e Carolina ( mamá de Enma).

    ResponderEliminar

Excursión de fin de curso!!

Ola peques e familias!!  Chegou o mes de maio e nós xa comezamos a ser conscientes de que o curso está chegando ao seu final e que mellor ma...