luns, 30 de outubro de 2023

Na nosa aula coidamos o CORPO!!

 Ola peques e familias!!  

Que interesante é coñecer o noso CORPO e cantas cousas descubrimos!! Despois de ter ben claras as partes da nosa CABEZA e que non se nos olvidaran as ORELLAS nos debuxos por exemplo... pasamos a debuxarnos enteir@s partindo da nosa foto!!

Cada vez olvídansenos menos partes!! Despois tocou rodear en vermello as ARTICULACIÓNS!! 
E o RETO FINAL era debuxarnos espid@s sinalando todas as partes da CABEZA, do TRONCO e das EXTREMIDADES!! Demostramos que o temos controlado!!
O seguinte paso era coñecer a mellor maneira de coidalo con HÁBITOS SAUDABLES como a hixiene, o deporte, o descanso...


Adoitamos ter música relaxante mentras traballamos porque nos axuda a concentrarnos, pero un día probamos con algo diferente aproveitando os contiños que traen @s peques á aula e mirade que marabilla!!

E SE VOS FIXASTES BEN... FAI UNS DIIÑAS COMEZAMOS A APRENDER A USAR A LIBRETA!! QUE EMOCIÓN!! Con un pouco máis de práctica...seremos uns/unhas EXPERT@S!!

Pronto comezaremos con outro hábito importante que xa está moi presente nas nosas merendas e no que nos pararemos moito!! A ALIMENTACIÓN!! Para comezar déixovos o PRATO DE HARDVARD que cobrará moita importancia na nosa aula!!

Apertiñas saudables!!

4 comentarios:

  1. Costou os um pouco aprender as partes do corpo , pasiño a pasiño , andamos o camiño 🧡❤️🧡 mama Valentina

    ResponderEliminar
  2. Encántame ver o ben que traballades! Noraboa!

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito a prender a partes do corpo, había Moitas que non me sabía en galego como xeonllo, nocello e cobado.🫴🏻🦵🏻🦶🏻👂🏻🫦👃🏻👁 💪🏻👱🏻‍♀️ ENMA

    ResponderEliminar
  4. Que tantas cousas aprenden 😍😍 a mamá de Hugo

    ResponderEliminar

Excursión de fin de curso!!

Ola peques e familias!!  Chegou o mes de maio e nós xa comezamos a ser conscientes de que o curso está chegando ao seu final e que mellor ma...