mércores, 25 de outubro de 2023

Un obradoiro emotivo e especial!!

 Ola peques e familias!! 

Fai uns diiñas tivemos o OBRADOIRO de Carolina, a nai de Enma que chegou como mami...

... e convertiuse en Educadora Social e directora dun Centro de Día de persoas da terceira idade poñendo o seu uniforme!! Tachán!!!

Contounos un montón de cousas interesantes do "COLE DE MAIORES" onde traballa!! Alí aprenden, xogan, exercitan corpo e mente, socializan, celebran festas...e moitísimo máis!! Pero o máis importante é que se sinten acompañad@s, querid@s e coidad@s!! Que marabilloso e gratificante traballo!! 

Pero... xa descubristes nas fotiños a GRAN SORPRESA que a acompañaba?? 

Tivemos a sorte de que tres "chicas" do seu "cole" viñesen con ela!! Rosa, Mercedes e Constantina namoráronnos e nós a elas!! Contáronnos o FELIZ que as facía ir ao seu cole e demostráronnolo xogando, aprendendo e facendo exercicio con nós!! 

Ata repasamos a 

SEPARACIÓN DE RESIDUOS!!

Rosa quixo vir porque lle gustan moito @s nen@s!! Estaba feliz!! A Mercedes encántalle pintar e cando lle ensinamos as nosas árbores do outono quedou abraiada!! E sabedes? Pediulle a Carolina facer a actividade no seu cole!! A ver se o consigue e nos mandan algunha fotiño!!E Constantina non perdeu detalle de todo o que pasaba!! 

E chegou a despedida!! Pedimos axuda a Carolina para clasificar a súa profesión e colocámola nas que ofrecen servizos!! 

Tamén recibimos uns agasallos: unhas florciñas feitas por elas para a aula e un CONTO precioso co que rimos moito pero tamén nos fixo entender unha enfermidade que nos dou un pouco de peniña... pero coa que xa saberiamos como axudar e acompañar que é o importante!! Quedounos asinado para que sempre as lembremos cando o leamos!!

Pero nós tamén tiñamos unha sorpresa!! Para as chicas fixemos uns preciosos debuxos con adicatorias moi emotivas!! Que felices as fixemos!! Ata lle deron bicos!!

E para Carolina o seu merecido DIPLOMA!!

 GRAZAS a Enma e á súa mami por ensinarnos e emocionarnos tanto!! 

Agora temos un GRAN RETO!! Facer chegar debuxiños aos case 100 compis de cole de Cambados e Vilagarcía das nosas chicas!! Conseguirémolo?? Teredes novas pronto!!

Apertiñas emotivas!!

6 comentarios:

  1. Escola de Vilarello25 de outubro de 2023, 11:12

    Que actividade tan bonita e enriquecedora en todos os sentidos!

    ResponderEliminar
  2. Que experiencia tan boa, donde tod@s aprenderon algo novo. Gracias Carolina. a nai de Hugo 😍😍

    ResponderEliminar
  3. O pracer foi noso de poder compartir a mañá con vos!! As “chicas” foronse moi felices de coñecer a nenos/as tan bos e participativos e eu super feliz de explicarlle que é un centro de día e como traballamos en ese “cole de maiores”.
    E tedes un gran reto por diante! Estamos impacientes por recibir eses debuxiños cargados de amor!! Carolina( mamá de Enma)

    ResponderEliminar
  4. Que bonito!!!. Gracias Carolina por sensibilzar aos nenos/as na importancia e coidado dos nosos maiores. E gracias as "chicas" por vir e ensinarnos que a todas as idades se segue aprendendo. (mamá de Vera e Alén)

    ResponderEliminar
  5. BREIXO😡👻🎃😂☺😉😞😡😠😘😏😛😱🌉🏣🏡🏫

    ResponderEliminar
  6. Gustoume moito estar cas "chicas" do teu cole Carolina, recordanme os meus bisavos que sempre me fan rir e me queren moitisimo. Estaremos encantados de completar o reto para que todos os do teu cole estén contentos Cando os reciban, Nora. 💗❤️💞💟👍

    ResponderEliminar

Unidades de medida - Peso

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar...  AS UNIDADES DE PESO !!  Aquí quedan varios xogos! XOGO 1 XOGO 2 XOGO 3  Adiaaaaaante!!  Apert...