Fai uns diiñas tivemos o OBRADOIRO de Carolina, a nai de Enma que chegou como mami...
... e convertiuse en Educadora Social e directora dun Centro de Día de persoas da terceira idade poñendo o seu uniforme!! Tachán!!!
Contounos un montón de cousas interesantes do "COLE DE MAIORES" onde traballa!! Alí aprenden, xogan, exercitan corpo e mente, socializan, celebran festas...e moitísimo máis!! Pero o máis importante é que se sinten acompañad@s, querid@s e coidad@s!! Que marabilloso e gratificante traballo!!
Pero... xa descubristes nas fotiños a GRAN SORPRESA que a acompañaba??
Tivemos a sorte de que tres "chicas" do seu "cole" viñesen con ela!! Rosa, Mercedes e Constantina namoráronnos e nós a elas!! Contáronnos o FELIZ que as facía ir ao seu cole e demostráronnolo xogando, aprendendo e facendo exercicio con nós!!
Ata repasamos a
SEPARACIÓN DE RESIDUOS!!
Rosa quixo vir porque lle gustan moito @s nen@s!! Estaba feliz!! A Mercedes encántalle pintar e cando lle ensinamos as nosas árbores do outono quedou abraiada!! E sabedes? Pediulle a Carolina facer a actividade no seu cole!! A ver se o consigue e nos mandan algunha fotiño!!E Constantina non perdeu detalle de todo o que pasaba!!
E chegou a despedida!! Pedimos axuda a Carolina para clasificar a súa profesión e colocámola nas que ofrecen servizos!!
Tamén recibimos uns agasallos: unhas florciñas feitas por elas para a aula e un CONTO precioso co que rimos moito pero tamén nos fixo entender unha enfermidade que nos dou un pouco de peniña... pero coa que xa saberiamos como axudar e acompañar que é o importante!! Quedounos asinado para que sempre as lembremos cando o leamos!!
Pero nós tamén tiñamos unha sorpresa!! Para as chicas fixemos uns preciosos debuxos con adicatorias moi emotivas!! Que felices as fixemos!! Ata lle deron bicos!!
E para Carolina o seu merecido DIPLOMA!!
GRAZAS a Enma e á súa mami por ensinarnos e emocionarnos tanto!!
Agora temos un GRAN RETO!! Facer chegar debuxiños aos case 100 compis de cole de Cambados e Vilagarcía das nosas chicas!! Conseguirémolo?? Teredes novas pronto!!
O pracer foi noso de poder compartir a mañá con vos!! As “chicas” foronse moi felices de coñecer a nenos/as tan bos e participativos e eu super feliz de explicarlle que é un centro de día e como traballamos en ese “cole de maiores”. E tedes un gran reto por diante! Estamos impacientes por recibir eses debuxiños cargados de amor!! Carolina( mamá de Enma)
Que bonito!!!. Gracias Carolina por sensibilzar aos nenos/as na importancia e coidado dos nosos maiores. E gracias as "chicas" por vir e ensinarnos que a todas as idades se segue aprendendo. (mamá de Vera e Alén)
Gustoume moito estar cas "chicas" do teu cole Carolina, recordanme os meus bisavos que sempre me fan rir e me queren moitisimo. Estaremos encantados de completar o reto para que todos os do teu cole estén contentos Cando os reciban, Nora. 💗❤️💞💟👍
Que actividade tan bonita e enriquecedora en todos os sentidos!
ResponderEliminarQue experiencia tan boa, donde tod@s aprenderon algo novo. Gracias Carolina. a nai de Hugo 😍😍
ResponderEliminarO pracer foi noso de poder compartir a mañá con vos!! As “chicas” foronse moi felices de coñecer a nenos/as tan bos e participativos e eu super feliz de explicarlle que é un centro de día e como traballamos en ese “cole de maiores”.
ResponderEliminarE tedes un gran reto por diante! Estamos impacientes por recibir eses debuxiños cargados de amor!! Carolina( mamá de Enma)
Que bonito!!!. Gracias Carolina por sensibilzar aos nenos/as na importancia e coidado dos nosos maiores. E gracias as "chicas" por vir e ensinarnos que a todas as idades se segue aprendendo. (mamá de Vera e Alén)
ResponderEliminarBREIXO😡👻🎃😂☺😉😞😡😠😘😏😛😱🌉🏣🏡🏫
ResponderEliminarGustoume moito estar cas "chicas" do teu cole Carolina, recordanme os meus bisavos que sempre me fan rir e me queren moitisimo. Estaremos encantados de completar o reto para que todos os do teu cole estén contentos Cando os reciban, Nora. 💗❤️💞💟👍
ResponderEliminar