venres, 19 de febreiro de 2021

Tarefa semanal: Día de Rosalía de Castro.

 Boas tardiñas!! 

Hoxe toca unha tarefa relacionada 
coa conmemoración que celebraremos 
a próxima semana... 
O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO!! 

Xa levamos uns diiñas 
coñecéndoa ben e imos a seguir!! 

No seu tempo non precisaban máscara 

pero intentaban tapar dalgunha maneira 

a súa boca, as súas palabras...


Nesta tarefa traballaremos experimentando 

darlle vida a algún dos seus 

poemas en forma de ilustración!!

TAREFA SEMANAL 

ROSALÍA DE CASTRO.


Poemas que levaron impresos 

relacionados coa auga: 

A paisaxe galega,

 parece unha rosa 

e adios ríos, adios fontes. 


1º. Le os poemiñas 

en baixiño varias veces. 

2º. Agora anímate a recitarllos 

á túa familia en alto. 

Se che apetece, 

graba ese momento e envíao 

ao email da mestra para velo na clase.

3º. Escolle o poema 

que máis che guste.

4º. Volve a lelo con moita 

atención para non perder 

detalle do que nos conta. 

3º. Realiza un MURAL ben 

bonito ILUSTRANDO 

O POEMA ELIXIDO onde a 

AUGA sexa a protagonista.

Podes incluír de decoración 

algúns versos ou palabras 

dos poemas.

Ilustración de Aurora 
Cascudo Román.


Ilustración de 
Rodrigo Chao Blanco.

DATA DE ENTREGA na aula 


virtual E EXPOSICIÓN na clase


MÉRCORES 24 DE FEBREIRO.


ADIANTE ARTISTAS!! 


E un recordatorio 

rápido para repasar 

matemáticas!!



Na próxima entrada máis cousiñas 

chulas de Rosalía de Castro! 

Estades atent@s!! 


Apertiñas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Unidades de medida - Peso

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar...  AS UNIDADES DE PESO !!  Aquí quedan varios xogos! XOGO 1 XOGO 2 XOGO 3  Adiaaaaaante!!  Apert...