venres, 14 de maio de 2021

TAREFA SEMANAL polo DÍA DA FAMILIA!!

Ola, ola!! 

Estamos ás portas de varias celebracións!! 

O "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" 

o vindeiro luns, 

adicado este ano a XELA ARIAS!! 

A semana que ven seguiremos 

coñecéndoa máis e traballando 

o seu poema: DARÍO A DIARIO, 

que escribeu cando naceu o seu fillo, 

no que, a través da FAMILIA 

fala do PASO DO TEMPO. 

E relacionando ambas cousas, 

e sendo o sábado o "DÍA DA FAMILIA", 

chega a TAREFA SEMANAL!! 

Será o punto de partida do seguinte 

proxecto que comezaremos na aula 

nos próximos días!! 

IMOS COA TAREFA!!

1º. Buscar unha FOTO ANTIGA onde saia algúen da familia nalgún lugar da Arousa (ou da localidade onde vivides).

2º. RECREAR esa foto coa nena ou neno como protagonista. É dicir, REPETIR A FOTO NO MESMO LUGAR e o máis similar posible, para poder ver o paso do tempo tanto no espazo físico, na familia...ou noutros aspectos como, por exemplo, a vestimenta.

3º. Escribir a "HISTORIA" da foto orixinal: cando foi feita, quen a fixo, porque se fixo, quen aparece nela, algunha anécdota... 

4º. Por último, escaneade ou facédelle unha foto á imaxe antiga e mandade as dúas (a antiga e a actual) ao correo.
A "historia" da foto antiga traédea á aula.

5º. Data límite: o vindeiro xoves, 20 de maio.

E para rematar dúas cousiñas!! 

O enlace ao BLOG DA BIBLIOTECA 

onde LIBRIA recopilou un montón 

de cousiñas sobre XELA ARIAS!!

E un precioso vídeo sobre a 

DIVERSIDADE FAMILIAR!!

UN PUÑADO DE BOTONES.

Apertiñas enormes!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Unidades de medida - Peso

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar...  AS UNIDADES DE PESO !!  Aquí quedan varios xogos! XOGO 1 XOGO 2 XOGO 3  Adiaaaaaante!!  Apert...