xoves, 20 de maio de 2021

Semana das Letras Galegas!!

Ola peques e familias!! 

Seguimos na semana das Letras Galegas!! 

Xa coñecemos moito máis a 

XELA ARIAS CASTAÑO

e algunhas das súas obras!!  

A que escribiu cando tiña 11 anos, 

algúns contiños, a súa faceta de tradutora 

e os poemas do seu libro: "DARÍO A DIARIO".

Hoxe grazas a estes últimos comezamos 

a traballar o paso do tempo na familia 

e na nosa vida e...ata rapeamos!! 

Estaredes practicando, non?

E agora varias formas máis de 

festexar a semana das NOSAS LETRAS!! 

Visitar o:

Navegar por un marabilloso DICIONARIO 

elaborado por todo o alumnado do colexio, 

sempre coa vosa colaboración!! 

Nel poderedes atopar 

PALABRAS e EXPRESIÓNS da AROUSA 

nas voces dos peques!!

Visitar a 

REVISTA DESTE CURSO!!

E por último... a CANTAR e BAILAR 

coa NOSA SUPERLINGUA 

da man de "Gramola Gominola"!!


ATA PRONTO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

As viaxes do elfiño!!

Ola peques e familias!!  O ELFIÑO sigue visitando as casas!! Recordades que tiña unha MISIÓN ARTÍSTICA OU DE AXUDA en cada unha delas segu...