08 outubro 2026

Xogamos coa lectura e as témperas!!

 Ola peques e familias!! 

Hoxe a profe sacou as témperas que nos encantan!! Comezamos preparando a base dunha actividade sobre PROFESIÓNS que continuaremos mañá!!

Pero aproveitando que tiñamos as cores... propúxonos un XOGO LECTOR!! 

Leunos un conto no que uns bichiños ían ao cole e facían mesturas para conseguir outras cores!! Mentras a profe ía lendo os VERSOS do conto, por parellas iamos reproducindo o que escoitabamos!! 

Foi moi divertido, motivador e aprendemos moito sen darnos conta!! Ademais, de que despois deixounos seguir experimentando libremente e saíron cores chulísimos!! 

Pero o mellor de todo foi o ben que fomos capaces de traballar en parella, axudándonos, complemetándonos e divertíndonos!!
Pronto vos contaremos en que rematou a primeira actividade!! 
Apertiñas experimentadoras!!

2 comentarios:

  1. Canto tempo sin usar témperas.😁

    ResponderEliminar
  2. A min me encantaron as témperas e sobre todo o xogo❣️

    ResponderEliminar

Festa das 2 centenas!!

 Ola peques e familias!!  O primeiro día de curso en primaria comezamos contando os días lectivos!!  Pasiño a pasiño xuntamos UNIDADES que s...