14 outubro 2026

Outra sorpresiña na biblioteca!!

 Ola peques e familias!! 
Na nosa segunda visita á biblioteca esperábanos Amaranta!! As nosas caras dino todo!!
Esta vez traía unha CARTA que nos leron o encargado e o cumpleañero!! 
Deixounos uns libriños e un RETO!! 
Todos eran "CONTOS CLÁSICOS OU TRADICIONAIS" unha vez máis, pero cunha personaxe común!! Encantounos recordar estas historias que xa lles contaban aos nosos avós/avoas e pais/nais!! E tamén conseguimos o RETO!! A personaxe que se repetía era o LOBO e o seu comportamento era sempre similar... un pouco negativo, malvado e feroz!!
 Xa estamos esperando a ter máis noticias para continuar coas aventuras lectoras!!
Antes de marchar, disfrutamos dos préstamos para as casas e dun ratiño de lectura libre que nos encanta!! Cada vez o facemos mellor!!
 E despedímonos recordando que...
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!

2 comentarios:

  1. Iago Padin Cardalda14/10/26, 08:22

    Canto tempo sen que nos mandarancartiñas.😁😁😁😁😁😁😁😁😁😁😁😁😁

    ResponderEliminar
  2. Encantanme as cartas sobre todo si son das nosas mascotas, Vega🦎🙈,

    ResponderEliminar

Festa das 2 centenas!!

 Ola peques e familias!!  O primeiro día de curso en primaria comezamos contando os días lectivos!!  Pasiño a pasiño xuntamos UNIDADES que s...