luns, 14 de marzo de 2022

Día de Rosalía de Castro!!

 Ola peques e familias!! 

Máis ben na nosa aula...

mes de Rosalía de Castro!! 

O partido que lle estamos sacando 

á súa figura e ás súas obras!! 

E con SORPRESAS incluídas!! 

Fai uns días....

GRAVAMOS no patio para 

a TV CARCAMÁN 

como todos uns profesionais!!

Ilustramos os poemas, 

dramatizámolos e...ata algunhas e algúns 

valentes atrevéronse a aprendelo enteiro!! 

E cal foi a recompensa?? 

Estrearse na GRAVACIÓN dun 

programa de RADIO!! 

Foi moi emocionante!!

E para rematar hoxe...asistimos á

estrea das gravacións para 

TV CARCAMÁN e RADIO CARCAMÁN 

coas TABLETS no cole!! 



Xa somos uns e unhas expertas!!

Aquí vos deixo ambos enlaces!!

RADIO CARCAMÁN.

TV CARCAMÁN.

E aproveitamos o traballo coas TABLETS 

para introducir o seguinte tema de 

ciencias naturais: SERES VIVOS E INERTES!! 


Tivemos que buscar dous de 

cada tipo pero...sendo CRÍTICOS 

coa información que aparecía, 

xa que "NON TODO VALE"!! 

Continuaremos!! 

Polo de agora...un vídeo de repaso 

co CAMALEÓN!! Encántanos!!

VÍDEO SERES VIVOS E INERTES.

E...dous xogos 

PARA LER E ADIVIÑAR!!

SOPA DE LETRAS.

XOGO SERES VIVOS E INERTES. 

Reto, intenta facer o último correctamente 

no menor tempo posible e pon nun comentario 

o teu RECORD!! Adiaaante!!

Saudiños!!

2 comentarios:

  1. Ola! Son Sira J. Quería decirvos que o meu récord foron 34 segundos. Saudiños amigos e amigas 😍

    ResponderEliminar
  2. Ola, son Emma. O meu récord foron 42 segundos. Ata pronto!!

    ResponderEliminar

25N - Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Ola peques e familias!!  Hoxe reunímonos todo o colexio no patio para unha CONMEMORACIÓN que ogallá pronto non sexa necesaria.  O 25 de NOVE...