venres, 18 de febreiro de 2022

Aprendendo, repasando...

 Ola familias e peques!!

Estas semaniñas avanzamos 

moito á hora de traballar!! 

Estreamos a libreta de "MAIORES"!! 

Estamos sendo conscientes dos 

diferentes SONS que pode ter a letra C!! 

E despois de traballar moito os 
TIPOS DE LOCALIDADE...
Comezamos coas PAISAXES e tamén...
fixemos o noso PRIMEIRO ESQUEMA!!


Agora a repasar!! 
Pincha primeiro: RETO INTERACTIVO.
Agora pensa e responde!!
Agora...A BUSCAR NA ILLA DE AROUSA!! 
Nesta PAISAXE DE COSTA...
que ELEMENTOS NATURAIS E CONSTRUÍDOS 
atopas?? Respondede nun COMENTARIO!!
Ata tivemos agasallo de LIBRIA 
que nos trouxo...AMARANTA!! 
Libros dos BOLECHAS de PAISAXES!!


E canto nos gustou o seguinte 
tema de MATEMÁTICAS!! 
Non paramos de MEDIR!! 
Primeiro con PALMOS, PASOS E PÉS...
E xa despois complicámolo 
cos CENTÍMETROS e os METROS 
coa REGRA e cunha CINTA MÉTRICA!!
E traballar coa INVESTIGACIÓN trae 
cousiñas espontáneas incribles!! 
Como que unha compi decidise 
ir apuntando as súas medidas!!


Uns RETOS para practicar!!
Pincha primeiro:

Agora responde...canto miden??
Coñecemos a un novo AMIGO tamén!! 
Un pouco cabezota pero simpático!!
Grazas a el coñecemos e entendemos 
as PALABRAS ANTÓNIMAS!! 
Reeeepasemos e xoguemos!!


Coa despistada pero XENIAL 
AMARANTA nos despedimos...
ESPERANDO O ENTROIDO!!


Ata prontiño!!

1 comentario:

  1. Hola,son Emma. Os elementos naturais que vexo son: árbores, herba , mar, ceo e praias. Os construidos son: 2 minions, casas, barandillas e a ponte.
    Ata pronto compañeir@s!!

    ResponderEliminar

25N - Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Ola peques e familias!!  Hoxe reunímonos todo o colexio no patio para unha CONMEMORACIÓN que ogallá pronto non sexa necesaria.  O 25 de NOVE...