Ola peques e familias!! Imos cara o final de curso e iso significa un avance moi grande en todos os aspectos!! As mates é algo no que o notamos moito!! Agora ao comezar a mañá ademais de contar os días que levamos de cole (xa máis de 150!!) o/a encargado/a do día debe realizar o RETO dun CRUCINÚMERO!!
Aínda que comeza cunha simple cruz pero a profe vaina complicando e complicando... e iso aínda nos motiva máis!! Non se nos escapa unha e nos encanta!!Que vos parece se xogamos un pouco??Este é un gran reto que aínda estamos practicando pero podedes intentalo... atrevédesvos??As pirámides de números apareceron na aula fai pouco pero xa son a actividade estrela!! Cada vez as queremos máis e máis complicados porque xa nos estamos convertendo en auténticos/as expertos/as!! Atréveste a resolver esta con cálculo mental?? Agora toca coller lapis, goma e papel!! Fíxate que na base falta un número...
Agora podedes inventar vós máis na casa e facelas en familia!!E ultimamente traballamos moito tamén sobre as figuras planas e os corpos xeométricos!! Encantounos visitar a pequena exposición que fixeron os nosos padriños lectores!! Nela convertiron corpor xeométricos que eles/as mesmos/as construíron en obxectos cotidianos que lle quedaron impresionantemente ben!!Tamén fixemos máis actividades entre as que destacan os xogos na pantalla que sempre triunfan e son unha excusa perfecta para repasar!! Apertiñas matemáticas!!
Atréveste a resolver esta con cálculo mental??
Agora toca coller lapis, goma e papel!! Fíxate que na base falta un número... Agora podedes inventar vós máis na casa e facelas en familia!!





A figura que mais me gustou foi a Amatista de Eric, como me gustan os xogos. Vega
ResponderEliminar