mércores, 17 de novembro de 2021

20 de NOVEMBRO: "Día universal da infancia"

Ola peques e familias!! 

Estes días están soando unhas cancións 

MOI ESPECIAIS!! As dos nosos DEREITOS!!

Hoxe ao chegar aproveitamos o NÚMERO 

DA DATA para DESCOMPOÑELO

coa axuda das DECENAS.


Despois seguimos traballando 

MATEMÁTICAS!!

Aprendendo a seleccionar as 

PALABRAS CLAVE dos PROBLEMAS...

E todos os PASOS para darlle 

SOLUCIÓN!! Despois elaboramos as nosas 

propias MANS con BASE 10 

coas que hoxe traballamos RESTAS!!

Nun ratiño...descubrimos unha boa nova!! 

LIBRIA hoxe si estaba contenta coa ORDE!!

E agora si...puxémonos MANS Á OBRA 

co traballo dos DEREITOS DAS NENAS 

E DOS NENOS!! Os nosos DEREITOS!! 

Preparamos uns preciosos BANDERÍNS 

e un MURAL coa axuda de MAFALDA!! 


De paso continuamos traballando matemáticas 

ordenando os dereitos do 1 ao 10!! 

Que casualidade, UNHA DECENA!!

Canto aprendemos, descubrimos 

e nos demos conta de canta sorte temos!! 

E de MURAL a MURAL...

quedaba ensinarvos este rematado!! 

RECORDADES??



NÓS, O ALUMNADO, formamos unha parte 

importante do cole e temos os NOSOS DEREITOS, 

pero vós tamén estades sempre presentes, 

FAMILIAS!! Grazas!! 

Apertiñas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Unidades de medida - Peso

Ola peques e familias!!  Hoxe toca repasar...  AS UNIDADES DE PESO !!  Aquí quedan varios xogos! XOGO 1 XOGO 2 XOGO 3  Adiaaaaaante!!  Apert...