domingo, 28 de novembro de 2021

A nosa PRIMEIRA SAÍDA!!

 Bo día peques e familias!! 

Canto se aprende nas SAÍDAS fóra 

do cole e que ben o pasamos!! 

Por iso este mes realizamos dúas!! 

Na primeira, xunto coa ASOCIACIÓN 

AMICOS de BOIRO, fixemos unha 

LIMPEZA DA PRAIA DO CABODEIRO!!


Despois das instruccións e de contar 
con todas as medidas de seguridade...
puxémonos MANS Á OBRA!!


Canto traballiño pero que satisfeit@s 

quedamos co noso traballo!! 

Traballar EN EQUIPO 

sempre da bos resultados!! 

Así que sentámonos a comprobalo!!

Xuntamos todo o LIXO, CLASIFICAMOS 

SEPARANDO segundo a TIPOLOXÍA 

e...a PESALO!!

Pero isto non rematou aquí!! 

Repartíronnos moitos AGASALLOS 

prácticos e saudables en agradecemento 

á nosa colaboración!!

Así que regresamos ao COLE 

felices e orgullos@s!!

Ao chegar reflexionamos todo 
o que aprendemos e sentimos!!
E temos clara unha cousa...
sempre que o MEDIO AMBIENTE 
precise de nós aí estaremos!! 
E iso é...TODOS OS DÍAS!!
Apertiñas!!

2 comentarios:

  1. Encantoume saír do cole, traballar en equipo e os tres agasallos que nos deron! Apertiñas Sira J.❤️

    ResponderEliminar
  2. Encántanos coidar o medio ambiente, pero ir de excursión gustanos aínda máis::)). Emma.

    ResponderEliminar

Día internacional da DANZA!!

Ola peques e familias!!  Este curso máis que nunca grazas ao noso PROXECTO: "BENESTART" estamos profundizando en todos os  tipos d...