Ola peques e familias!!
Estas semanas estan sendo realmente variadas e interesantes!! Aínda non rematamos de contarvos todas as actividades que Libria organizou para a SEMANA DO LIBRO!! No seu blog podedes coñecelas!!
Ademais, xa estamos lendo o libriño que nos deixou para estar ben preparados/as para o ESPECTÁCULO ao que acudiremos todo o cole no auditorio o próximo venres!! Que nervios e que ilusión!! A historia de Begoña Caamaño estanos encantado!! Tanto que estamos realizando actividades sobre o conto!! Mirade que ilustracións están xurdindo e que actividade tan creativa, de atención e relaxación sobre uns personaxes do conto!!
Tamén nestes días seguimos a tope coas MATES!! As GRÁFICAS resúltannos moi motivadoras!! Xa practicaramos nas semanas da froita e agora toca aprender máis!!
Encantounos realizar unha gráfica sobre os contos que cada un/unha de nós escolleu entre os da MOCHILA VIAXEIRA que, por certo, xa rematou as súas viaxes!! Que peniña nos deu!! Foi unha actividade especial!! Unha vez feita, rexistramos o traballo na nosa libreta!!


Seguindo coas mates, comezamos a SUMAR LEVANDO, a realizar sumas de tres números e cun novo RETO para os/as encargados/as!! Trátase dos CRUCINÚMEROS que xa levamos tempo practicando pero que agora se convertiron en reto diario ao chegar!!

Encántanos este RETO MATEMÁTICO, así que aquí vos quedan uns xogos para practicar en familia cunha axudiña!!
Neste debedes adiviñar o número antes de pulsar!!
Tamén continuamos coa ROBÓTICA, cada vez con retos máis complicados e interesantes!! Xa somos uns expertos/as!! Estamos moi centrados/as agora no reforzo da LATERALIDADE!!
Xa vedes que estamos moi atarefados/as!! Agora toca descansar uns diíñas para coller forzas para o final do trimestre!!
Apertas traballadoras!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario