29 abril 2026

Día internacional da danza!!

 Ola peques e familias!! 
Hoxe é o DÍA INTERNACIONAL DA DANZA e os/as peques e a profe de música Patri aliáronse para sorprendernos a todos/as os/as mestres/as do cole que non sabiamos nada!! Nun momento da mañá comezou a soar unha canción que daba o sinal de que debiamos baixar todo o cole ao patio a BAILAR!! E así foi!! Reunímonos todos/as e non paramos de mover o esqueleto viaxando como bos "CARCAMÁNS POLO MUNDO" a través de cancións doutros países!!
Bailamos "An Dro", unha danza da Bretaña francesa, interpretada por Carlos Núñez!!
Tamén o "Merengue Apambichao" de República Dominicana!!
E rematamos co coñecidísimo e divertidísimo "Cavalinho" de Brasil!! Animádevos a bailar en familia!!
E rematamos cun agradecemento especial á nosa supermestra de música por motivarnos e facernos emocionarnos coa música e a danza!!
 Coas nosas cariñas sobran as palabras!!
Apertiñas bailadoras!!

1 comentario:

  1. Profe Patri29/04/26, 10:21

    Graciñas a eles/as por colaborar con tanta ilusión! Do contrario, non sería posible. :D

    ResponderEliminar

Día internacional da danza!!

 Ola peques e familias!!  Hoxe é o DÍA INTERNACIONAL DA DANZA e os/as peques e a profe de música Patri aliáronse para sorprendernos a todos...