17 abril 2026

Décimo segundo protagonista da semana!!

 Ola peques e familias!! 

Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! O décimo segundo protagonista da semana foi Mateo!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 

Neste caso, recordos bonitos de cando era bebé e tamén unha foto dun animal mariño que lle encanta!! Ademais de obxectos especiais para el, o seu xoguete favorito e unhas medallas importantes!! 

Pero o que non podía faltar era a súa CANA DE PESCAR!! Así que argallamos a maneira de que puidese chegar ao cole para ensinala!!

Trouxo tamén uns contiños especiais!! Un deles o quixo ler na aula e nos rimos moito!!

Tamén nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!! 

O que non esperaba era que a súa irmá Carolina nos visitaría no cole e se quedaría un ratiño a xogar con nós!! VAIA SORPRESÓN LEVOU!! 

Grazas Mateo por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

4 comentarios:

  1. Que ben que non me perdin a sorpresa de Mateo! Gustanme as sorpresas ❤️

    ResponderEliminar
  2. Lucas Pazos20/04/26, 09:42

    Que bonita a caixiña de Mateo🤗

    ResponderEliminar
  3. Encantoume a caña de pescar ,moi chula a caixa da vida de Mateo,e sobre todo sua irmá Carolina.

    ResponderEliminar

Recomendacións lectoras de verán!!

Ola peques e familias!!  Coa chegada do mes de xuño Libria xa publicou no seu blog RECOMENDACIÓNS LECTORAS para este verán!! Ademais, este c...