01 febreiro 2026

Sexta protagonista da semana!!

 Ola peques e familias!! 

Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! A sexta protagonista foi Karmen!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 

Neste caso, unha eco, un chupetero e un gorriño de cando era bebé. Ademais do recordo da súa graduación de e.infantil, fotos importantes, un chaveiro dunha viaxe especial e o xoguete, canción e almorzo favoritos !!


Trouxo un contiño tamén que ela mesma contou de memoria na aula!! Alucinamos e rimos moito coa súa expresividade!!

Karmen tamén nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!! E tamén  quixo compartir con nós a súa viaxe máis recente e especial a París!! Que ademais... foi sorpresa para ela!!

Coas fotiños desta viaxe aprendemos monumentos e comidas típicas de alí como os "croissants" e as "mazorcas de millo"!! 

E un día Karmen sorprendeunos cunha merendola moi francesa... "CREPES" para todos/as!!

Pero aínda quedaba unha última sorpresa que contaremos na próxima entrada...

Grazas Karmen por compartir todo con nós e levarnos de viaxe a unha preciosa cidade!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDA PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

5 comentarios:

  1. Karmen estuvo encantada. Doulle moita pena terminar a semana. Graacias 🥰🥰

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito o dinosaurio de mar que levou Karme, Vega Otero

    ResponderEliminar
  3. A caixiña da vida era moi bonita grazas por compartir con nós .Apertiñas Carme

    ResponderEliminar
  4. Todo q truxo Karmen era moi chuli mamá !! 😍

    ResponderEliminar
  5. Lucas Pazos04/02/26, 13:10

    Moi bonita a caixiña de Karmen☺️

    ResponderEliminar

Semana da prensa!!

Ola peques e familias!! Continuamos os seguintes días coa SEMANA DA PRENSA !! O xornal que chegou á aula comezaba na súa portada precisament...