01 febreiro 2026

Unha visita moi musical!!

Ola peques e familias!!  

Aquí vos contamos a última sorpresa da semana pasada!! Os tíos da nosa protagonista apareceron no cole!!

 Viñeron porque ela quería que lle cantasen cos compis a súa canción favorita: "Vén bailar Carmiña!" 

Aproveitamos a visita na hora de música coa profe Patri e aprendemos moitas cousas como as partes da gaita!! 

Tamén cancións populares como a Rianxeira con algúns toques de pandeireta!! 


E ata probamos coas cunchas e os pitos!! 

Foi xenial!! Grazas ao tío Paco e á tía Cova por ensinarnos e facernos difrutar dun momento tan divertido!! 

Apertiñas musicais!!

5 comentarios:

  1. Vega Otero01/02/26, 11:15

    Nos gusta moito a música, se llo contas a Patricia vaille gustar oilo

    ResponderEliminar
  2. Foi un día xenial (karmen)

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moio tocar as cunchas foi moi divertido,🥳❤️😍

    ResponderEliminar
  4. Diana mama de Lara04/02/26, 05:50

    Foi un día distinto e con música !! 🥳🥳

    ResponderEliminar
  5. Lucas Pazos04/02/26, 13:09

    Tocar a pandereta foi moi divertido!!🥳🎷

    ResponderEliminar

Unhas semanas moi variadas!!

Ola peques e familias!!  Estas semanas estan sendo realmente variadas e interesantes!! Aínda non rematamos de contarvos todas as actividades...