Ola peques e familias!!
Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! A sexta protagonista foi Karmen!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!!
Neste caso, unha eco, un chupetero e un gorriño de cando era bebé. Ademais do recordo da súa graduación de e.infantil, fotos importantes, un chaveiro dunha viaxe especial e o xoguete, canción e almorzo favoritos !!
Trouxo un contiño tamén que ela mesma contou de memoria na aula!! Alucinamos e rimos moito coa súa expresividade!!
Karmen tamén nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!! E tamén quixo compartir con nós a súa viaxe máis recente e especial a París!! Que ademais... foi sorpresa para ela!!
Coas fotiños desta viaxe aprendemos monumentos e comidas típicas de alí como os "croissants" e as "mazorcas de millo"!!

E un día Karmen sorprendeunos cunha merendola moi francesa... "CREPES" para todos/as!!
Pero aínda quedaba unha última sorpresa que contaremos na próxima entrada...
Grazas Karmen por compartir todo con nós e levarnos de viaxe a unha preciosa cidade!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDA PROTAGONISTA!!
Apertiñas emocionadas!!
Karmen estuvo encantada. Doulle moita pena terminar a semana. Graacias 🥰🥰
ResponderEliminarGustoume moito o dinosaurio de mar que levou Karme, Vega Otero
ResponderEliminar