10 xaneiro 2025
Recordando a importancia das profesións da casa!!
Ola peques e familias!!
Seguimos recordando os últimos OBRADOIROS DE FAMILIAS do curso pasado dándolle esta vez a gran importancia que ten o unha PROFESIÓN da que, ás veces, nos olvidamos e é moi importante!! Raquel, a nai de Isabela, veu a contarnos todo o que supón ser AMA DE CASA.
Explicounos que é unha profesión que engloba moitos traballos e que nunca se acaban, xa que se realizan todos os días da semana. Poderiamos nomear algún como planchar, limpar, cociñar, facer as camas... pero nunca acabariamos!!
Tamén veu con ela Mila, a tía de Isabela, que tamén nos falou da súa profesión e nos trouxo unha mostra do rico que cociña!!
Vaia torta de queixo máis rica!! Por se fose pouco, aínda tiñan outro agasalliño relacionado coa profesión de Mila no mar!!
Antes de marchar, axudáronnos a clasificar a súa profesión e recibiron o merecidísimo DIPLOMA!!
Moitas grazas pola visita e poñer en valor unha profesión tan importante!!
Apertiñas traballadoras!!
Recordando un obradoiro moi da Arousa!!
Ola peques e familias!!
Seguimos recordando os últimos OBRADOIROS DE FAMILIAS do pasado curso e esta vez tócalle a un moi relacionado coa nosa terriña!! Ou máis ben co noso mar!!
Os papis de Carmen apareceron cunha SORPRESA enorme!! Trouxeron unha DORNA de verdade ao cole!!
Alucinamos cando a vimos no patio!!
Aprendemos moito sobre ela, as súas partes....e ademais, izaron a vela e deixáronos probar a tod@s!!
E, por se fora pouco, aprendemos a técnica para REMAR correctamente!! Vaia experiencia!!
Para rematar, tiñan un agasalliño para nós!!
Ademais, axudáronnos a clasificar a súa profesión e recibiron o merecido DIPLOMA!!
Moitas grazas pola orixinal visita e as aprendizaxes!!
Apertiñas marítimas!!
Recordando a visita dunha mami subalterna!!
Ola peques e familias!!
Como vos tiña prometido faltaban as entradas dos últimos OBRADOIROS DE FAMILIAS do curso pasado!! Un deles foi a visita de Guiomar, a nai de Álex, que ten unha profesión cun nome un pouco complicado pero que mola moito! Ela é SUBALTERNA nun instituto!!
Unha das cousas máis chulas é a cantidade de CHAVES que ten porque abre e pecha todas as portas!!
Pero fai moitas máis cousas que axudan aos seus compañeir@s como encadernar!!
Tamén plastifica traballiños e tivemos a sorte de que nos ensinase como se fai e poder crear xunto a ela un PLANETARIO enorme para a aula!! Encantounos!! 
Ademais, tróuxonos máis agasalliños que fan onde traballa, uns xabóns e unhas cremiñas que non puidemos esperar para probar!!
Antes de marchar axudounos a clasificar a súa profesión e entregámoslle o merecido DIPLOMA!!
Moitas grazas pola visita e as aprendizaxes!! Apertiñas agradecidas!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
O día do SAMAÍN!!
Ola peques e familias!! Despois de moitos días esperando chegou o DÍA DO SAMAÍN!! O cole encheuse de personaxes variados entre os que apa...
-
Bo día peques e familias!! O curso arranca e con el damos a BENVIDA a novas e novos peques en PRIMARIA cunha aula ben colorida!! Na clase...
-
Ola peques e familias!! Que emocionante é estar no cole dos maiores!! Cando xa conseguimos que os nervios vaian calmando e que a ILUSIÓN o...
-
Ola peques e familias!! E chegou o SAMAÍN !! O día da FESTA !! Transcurreu entre disfraces orixinais e medorentos!! Ademais de moito ba...



















































