venres, 10 de xaneiro de 2025

Recordando a importancia das profesións da casa!!

 Ola peques e familias!! 

Seguimos recordando os últimos OBRADOIROS DE FAMILIAS do curso pasado dándolle esta vez a gran importancia que ten o unha PROFESIÓN da que, ás veces, nos olvidamos e é moi importante!! Raquel, a nai de Isabela, veu a contarnos todo o que supón ser AMA DE CASA.

 Explicounos que é unha profesión que engloba moitos traballos e que nunca se acaban, xa que se realizan todos os días da semana. Poderiamos nomear algún como planchar, limpar, cociñar, facer as camas... pero nunca acabariamos!! 

Tamén veu con ela Mila, a tía de Isabela, que tamén nos falou da súa profesión e nos trouxo unha mostra do rico que cociña!! 

Vaia torta de queixo máis rica!! Por se fose pouco, aínda tiñan outro agasalliño relacionado coa profesión de Mila no mar!! 

Antes de marchar, axudáronnos a clasificar a súa profesión e recibiron o merecidísimo DIPLOMA!! 

Moitas grazas pola visita e poñer en valor unha profesión tan importante!! 

Apertiñas traballadoras!!

4 comentarios:

  1. Pois si, unha profesión que sempre olvidan e que tan importantes é na vida. Bikiños, a nai de Hugo

    ResponderEliminar
  2. hola son icia encantoume a tarta de queixo de raquel.

    ResponderEliminar
  3. Ola, encantoume a tarta de queixo da tía Milá, Carmen.

    ResponderEliminar
  4. Ola son Enma, gustoume a visita da mamá e tía de Isabela.chao.

    ResponderEliminar

Os apadriñamentos lectores!!

Ola peques e familias!!  Como cada curso Libria puxo en marcha o trimestre pasado esta actividade que nos encanta!!  E este curso tivemos mo...