venres, 10 de xaneiro de 2025

Recordando a visita dunha mami subalterna!!

Ola peques e familias!! 

Como vos tiña prometido faltaban as entradas dos últimos OBRADOIROS DE FAMILIAS do curso pasado!! Un deles foi a visita de Guiomar, a nai de Álex, que ten unha profesión cun nome un pouco complicado pero que mola moito! Ela é SUBALTERNA nun instituto!! 

Unha das cousas máis chulas é a cantidade de CHAVES que ten porque abre e pecha todas as portas!! 

Pero fai moitas máis cousas que axudan aos seus compañeir@s como encadernar!! 

Tamén plastifica traballiños e tivemos a sorte de que nos ensinase como se fai e poder crear xunto a ela un PLANETARIO enorme para a aula!! Encantounos!! 

Ademais, tróuxonos máis agasalliños que fan onde traballa, uns xabóns e unhas cremiñas que non puidemos esperar para probar!!

 Antes de marchar axudounos a clasificar a súa profesión e entregámoslle o merecido DIPLOMA!! 

Moitas grazas pola visita e as aprendizaxes!! Apertiñas agradecidas!!

4 comentarios:

  1. Ola son Hugo gustoume moito estar ca nai de Alex e pasino Xenial. Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. hola son icia pasino xenial ca nai de alex. encantaronme os xabons, canto esforzo deveu de pasar.

    ResponderEliminar
  3. Ola, son Carmen encantaronme os xabóns e os planetas que nos trouxo a nai de Alex.

    ResponderEliminar
  4. Ola son Enma, encantáronme os xabóns que nos regalou Guio e saber cómo se encuaderna e plastifica.chao 🧼🪐

    ResponderEliminar

Repasando ciencias e mates!!

Ola peques e familias!!  Hoxe toca unha entrada moi variada para repasar dous temas que levamos uns diíñas traballando! Comezamos polos  SER...