Como vos tiña prometido faltaban as entradas dos últimos OBRADOIROS DE FAMILIAS do curso pasado!! Un deles foi a visita de Guiomar, a nai de Álex, que ten unha profesión cun nome un pouco complicado pero que mola moito! Ela é SUBALTERNA nun instituto!!
Unha das cousas máis chulas é a cantidade de CHAVES que ten porque abre e pecha todas as portas!!
Pero fai moitas máis cousas que axudan aos seus compañeir@s como encadernar!!
Tamén plastifica traballiños e tivemos a sorte de que nos ensinase como se fai e poder crear xunto a ela un PLANETARIO enorme para a aula!! Encantounos!!
Ademais, tróuxonos máis agasalliños que fan onde traballa, uns xabóns e unhas cremiñas que non puidemos esperar para probar!!
Antes de marchar axudounos a clasificar a súa profesión e entregámoslle o merecido DIPLOMA!!
Moitas grazas pola visita e as aprendizaxes!! Apertiñas agradecidas!!
Ola son Hugo gustoume moito estar ca nai de Alex e pasino Xenial. Un saúdo
ResponderEliminarhola son icia pasino xenial ca nai de alex. encantaronme os xabons, canto esforzo deveu de pasar.
ResponderEliminarOla, son Carmen encantaronme os xabóns e os planetas que nos trouxo a nai de Alex.
ResponderEliminarOla son Enma, encantáronme os xabóns que nos regalou Guio e saber cómo se encuaderna e plastifica.chao 🧼🪐
ResponderEliminar