30 outubro 2026

O día do SAMAÍN!!

 Ola peques e familias!! 
Despois de moitos días esperando chegou o DÍA DO SAMAÍN!! 

O cole encheuse de personaxes variados entre os que apareceron personaxes das LENDAS GALEGAS!! Fomos en busca deles e atopamos á Santa Compaña, Nubeiros, Gatipedros, Lobishomes, Meigas... incluso entre nós!!

Hoxe realizamos pasatempos e xogos, visitamos as exposicións de cabazas de todo o cole e, por suposto, os túneles dos maiores!!

 Sempre adaptados a nós e decidindo en cada momento se nos apetece ou non... porque se trata de disfrutalo!! E está claro que así foi!! 

De feito, temos que agradecer aos mestres/as dos maiores que sempre saen a saudarnos para que os identifiquemos e lle poñen humor ao día!!

Despois tocou repoñer forzas coas terroríficamente marabillosas merendolas que nos prepararon as nosas familias!! IIIIIIIIIIMPRESIONANTES!!


Grazas sempre pola tremenda colaboración, por ter presente a froita tamén nos días de celebración e, incluso, buscar excusas para motivalos a escribir!! 

E gustaríanos rematar agradecendo á ANPA o detalle cos peques que axuda a conservar as marabillosas tradicións da Arousa!! A mestra tamén puxo o seu graniño de area!! 

Xa nos tarda que volva a chegar o próximo Samaín no cole!! Pero agora toca disfrutar do "DÍA DE PEDIR"!! 

Apertiñas terroríficas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O día do SAMAÍN!!

 Ola peques e familias!!  Despois de moitos días esperando chegou o DÍA DO SAMAÍN!!  O cole encheuse de personaxes variados entre os que apa...