09 outubro 2026

Arranca a MOCHILA VIAXEIRA!!

 Ola peques e familias!! 

Este mércores comezamos as visitas semanais coa profe á BIBLIOTECA e Libria tíñanos unha sorpresa... a MOCHILA VIAXEIRA!! 

Non puidemos esperar para descubrir o seu contido!! Ten un pouco de todo!! 

Hoxe comezou as viaxes ás casas!! Que ilusión!! Esa visita estivo chea de SORPRESAS porque tamén apareceu Amaranta!! Como a botabamos de menos dende o curso pasado!!

 Veu cargadiña duns contos moi especiais. Eran contos TRADICIONAIS, CLÁSICOS, dos que se transmitían de avoas/avós a fillas/os de maneira oral. 

Por iso hai tantas versións pero unha mesma esencia!! Comentade en familia se os coñeciades e quen volos contou, será bonito recordalo!! Compartídeo con nós en comentarios se vos apetece!! 

Apertiñas lectoras!!

1 comentario:

  1. Teño moitas ganas de ter a mochila viaxeira Vega 📓📕📜📚

    ResponderEliminar

Festa das 2 centenas!!

 Ola peques e familias!!  O primeiro día de curso en primaria comezamos contando os días lectivos!!  Pasiño a pasiño xuntamos UNIDADES que s...