06 maio 2026

Décimo cuarto protagonista da semana!!

 Ola peques e familias!! 

Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! O décimo cuarto protagonista da semana foi Asier!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 
Neste caso, obxectos de cando era bebé e tamén do seu equipo favorito!! 

A caixiña tamén incluía tres apartados moi especiais para el!! Encantounos ese recunchiño!!

Trouxo tamén un contiño especial que quixo ler na aula que ademais era rimado polo que nos encantou!!

E nos presentou a parte da súa familia cunhas fotiños moi bonitas!! 

Para rematar, ás veces os irmáns son de corazón polo que Asier tivo unha última sorpresiña!! VAIA ILUSIÓN!!

Grazas Asier por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

3 comentarios:

  1. Como me gustou a visita de Ana e Luca ❤️💜.

    ResponderEliminar
  2. Encantadísima de ser partícipe nesta actividade tan especial para vós! Ana.

    ResponderEliminar

Décimo cuarto protagonista da semana!!

  Ola peques e familias!!  Seguimos con esta actividade  na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e...