04 marzo 2026

Oitava protagonista da semana!!

Ola peques e familias!! 

Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! A oitava protagonista da semana foi Leire!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 

Neste caso, moitos recordos bonitos de cando era bebé e da súa etapa en educación infantil. Tamén fotos importantes e os seus obxectos favoritos!!

Trouxo un contiño tamén que lemos na aula e nos axudou a reflexionar sobre que todas as persoas somos diferentes e que o esforzo é moi importante para superarse!! 

Deixounos o libro na biblioteca de aula uns días e foi un auténtico éxito!!


Leire tamén nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!! 

O que non esperaba era que a súa irmá a visitaría na aula e merendaría con nós!! VAIA SORPRESÓN LEVOU!!

Ademais, visitounos outro día para lernos un contiño e nos invitou a ler con ela!! Encantounos a visita!!

Grazas Leire por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDA PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

5 comentarios:

  1. Encantoume o teu conto Leire.

    ResponderEliminar
  2. Gustounos a todos. Seguro que Leire estaba moi contenta

    ResponderEliminar

  3. Encantó o loro, moi bonita a sua caixiña da vida.🖤💝💟🤩

    ResponderEliminar
  4. Lara Oubiña07/03/26, 13:28

    A Caixa da vida de Leire era moi bonita !!! Mama pero tamen veu Daniela jajajaja

    ResponderEliminar
  5. Lucas Pazos10/03/26, 12:02

    Moi bonita a tua caixiña da vida Leire e conto tamen estuvo súper guay😎

    ResponderEliminar

Décimo segundo protagonista da semana!!

  Ola peques e familias!!  Seguimos con esta actividade  na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e...