Ola peques e familias!!
Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! A oitava protagonista da semana foi Leire!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!!
Neste caso, moitos recordos bonitos de cando era bebé e da súa etapa en educación infantil. Tamén fotos importantes e os seus obxectos favoritos!!

Trouxo un contiño tamén que lemos na aula e nos axudou a reflexionar sobre que todas as persoas somos diferentes e que o esforzo é moi importante para superarse!!
Deixounos o libro na biblioteca de aula uns días e foi un auténtico éxito!!
Leire tamén nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!!
O que non esperaba era que a súa irmá a visitaría na aula e merendaría con nós!! VAIA SORPRESÓN LEVOU!!
Ademais, visitounos outro día para lernos un contiño e nos invitou a ler con ela!! Encantounos a visita!!

Grazas Leire por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDA PROTAGONISTA!!
Apertiñas emocionadas!!
Encantoume o teu conto Leire.
ResponderEliminarGustounos a todos. Seguro que Leire estaba moi contenta
ResponderEliminar
ResponderEliminarEncantó o loro, moi bonita a sua caixiña da vida.🖤💝💟🤩
A Caixa da vida de Leire era moi bonita !!! Mama pero tamen veu Daniela jajajaja
ResponderEliminarMoi bonita a tua caixiña da vida Leire e conto tamen estuvo súper guay😎
ResponderEliminar