06 marzo 2026

Noveno protagonista da semana!!

Ola peques e familias!! 

Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! O noveno protagonista da semana foi Lucas!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 

Neste caso, moitos recordos bonitos de cando era bebé e tamén fotos importantes!!

Trouxo tamén o seu contiño favorito de cando era peque que el mesmo leu na aula!! 

Tamén nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!! 

O que non esperaba era que a súa irmá o visitaría na aula!! VAIA SORPRESÓN LEVOU!! E como a súa mami non pode acompañarnos nos obradoiros de profesións e lle encantaría conseguiu sacar un ratiño hoxe para sorprendelo léndolle un dos seus contiños favoritos actualmente!! El tamén se animou a ler un pouquiño e rematou ensinándonos un xoguete e un libro de dinosaurios xa que lle encantan!! Quedou na aula para que todos/as o puideramos ler nos próximos días!!

Antes de marchar invitamos á súa irmá a xogar un ratiño con nós!!

Grazas Lucas por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Noveno protagonista da semana!!

Ola peques e familias!!  Seguimos con esta actividade  na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e m...