06 marzo 2026

Noveno protagonista da semana!!

Ola peques e familias!! 

Seguimos con esta actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! O noveno protagonista da semana foi Lucas!! Sempre comezamos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! 

Neste caso, moitos recordos bonitos de cando era bebé e tamén fotos importantes!!

Trouxo tamén o seu contiño favorito de cando era peque que el mesmo leu na aula!! 

Tamén nos presentou a parte da súa familia con dúas fotiños moi bonitas!! 

O que non esperaba era que a súa irmá o visitaría na aula!! VAIA SORPRESÓN LEVOU!! E como a súa mami non pode acompañarnos nos obradoiros de profesións e lle encantaría conseguiu sacar un ratiño hoxe para sorprendelo léndolle un dos seus contiños favoritos actualmente!! El tamén se animou a ler un pouquiño e rematou ensinándonos un xoguete e un libro de dinosaurios xa que lle encantan!! Quedou na aula para que todos/as o puideramos ler nos próximos días!!

Antes de marchar invitamos á súa irmá a xogar un ratiño con nós!!

Grazas Lucas por compartir todo con nós!! Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDO PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

5 comentarios:

  1. Para min o mellor foi o libro da vaca que puxo un ovo, 🤣, porque se o pos ti Lucas Vai ser un ovo un pouco raro, non o poñas eh, 🤣! Vega Otero

    ResponderEliminar
  2. Lara Oubiña07/03/26, 13:26

    Di Lara q lle gustou moito ver a Laura na sua clase ( e eso que xa o sabía 🤦) pero sorprendeulle mais ver a Manuela que lle gustou moito 😍

    ResponderEliminar
  3. Encantoume o peluche de Lucas Otero de Pikachu, 💛🖤

    ResponderEliminar
  4. Lucas Pazos10/03/26, 11:59

    O que mais me gustou foi o conto da vaca que puxo un ovo, que risas 🤣🤣🤣

    ResponderEliminar
  5. Lucas: Encantoume ser o protagonista da semana e que miña nai e a miña irmá me deran tremenda sorpresa.

    Laura: gracias pola experiencia😘

    ResponderEliminar

Décimo segundo protagonista da semana!!

  Ola peques e familias!!  Seguimos con esta actividade  na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e...