13 febreiro 2026

Disfrace libre e pixama!!

Ola peques e familias!! 
A semana de ENTROIDO non puido rematar mellor!! O xoves viñemos encantados/as ao cole porque eleximos nós os nosos DISFRACES FAVORITOS!! Houbo tanta variedade que foi xenial!! Aquí posamos de diferentes maneiras!! 
O venres tivemos que aprazar o desfile polo que a mestra nos propuxo... vir en PIXAMA!! En pixama ao cole?? Non o podiamos crer!! Pero encantounos a idea!! Todos os estilos e deseños!! Foi un día do máis divertido e... CÓMODO!!jiji! 
E non podemos esquecernos das nosas SUPERMERENDOLAS de POSTRES TRADICIONAIS DE ENTROIDO!! Como nos puxemos!! Estaba todo riquísimo!!
 GRAZAS sempre á estupenda colaboración das familias!! Agora toca descansar...
...para seguir entroideando polas rúas e a próxima semana darlle remate ao ENTROIDO no cole!! 
Apertiñas festeiras!!

3 comentarios:

  1. Teño ganas de que viernes faga Bo tempo, para ir todos co noso disfra, Vega

    ResponderEliminar
  2. Que divertido foi ir en pijama, Ainda que miña Nai non me deixou levar as Zapatillas Vega

    ResponderEliminar
  3. que ben o pasa cando me disfrazo 🥳

    ResponderEliminar

Como molan as mates!!

 Ola peques e familias!!  Sempre nos encantaron as mates pero este trimestre está sendo xenial!! Xa levamos unhas semaniñas practicando conc...