11 febreiro 2026

Como molan os LIBORIOS!!

 Ola peques e familias!! 

O entroido non para!! 

Hoxe o MECO mandaba traer algo na cabeza e como en 1º nos encantan as TRADICIÓNS e xuntarnos cos nosos padriños/madriñas lectores/as fixemos todo en un!! Organizamos un OBRADOIRO PARA A CREACIÓN DOS NOSOS PROPIOS LIBORIOS, unha personaxe moi tradicional na Illa de Arousa!! Xa Amaranta e o mono Bono nos estaban esperando cunha carta!!

Baixamos a polos creativos coas nosas camisetas brancas e aí comezou a maxia!!

 Anudar, medir, marcar, recortar, ... 

Aínda que o mellor foi decorar ao noso gusto!! E saíron modelos ben orixinais!! Os das profes tamén molan!!

 Pasámolo xenial e quedamos encantados/as coa axuda dos expertos/as de sexto!! MIL GRAZAS PADRIÑOS/MADRIÑAS!! 

Pero a cousa non acabou aquí!! Non podiamos convertirnos en LIBORIOS sen facer algunha bromiña!! Así que visitamos algunhas aulas do cole e enchemos aos compis de pegatinas entroideiras!! 

Que divertido foi e cantos sorrisos provocamos!! Agora toca seguir a TRADICIÓN polas rúas da Arousa!! 

E a semana sigue e mañá cada quen elexirá o seu DISFRACE FAVORITO!! 

Apertiñas tradicionais!!

2 comentarios:

  1. Me encantan os liboriños, sobre todo os de medo, a miña Nai os de risa, Vega

    ResponderEliminar
  2. Encantoume o obradoiro de liborios, desexando volver a facelo .🥰

    ResponderEliminar

Obradoiro dunha nai banqueira!!

Ola peques e familias!!  Como estamos cos EURO S que mellor que invitar a unha experta!! A semana pasada visitounos a nai de Lucas que é BAN...