18 febreiro 2026

Experimentamos e aprendemos coa ROBÓTICA!!

 Ola peques e familias!! 

Este trimestre temos unha grande novidade!! Estamos aprendendo ROBÓTICA!! 

Comezamos aprendendo que é un ROBOT, os diferentes tipos que temos no cole e as súas partes!! 

Despois xa nos adentramos no tema da PROGRAMACIÓN que é moi importante e fai que a nosa cabeciña se movilice e aprenda moito!! 

Chegaba a hora da verdade e comezamos a programar un dos ROBOTS por equipos!! Foi moi divertido!! 

Case sen darnos conta, traballamos lateralidade, inglés, matemáticas, razoamento, orde, traballo en equipo e moitas cousas máis!! Pero aínda quedaba un SORPRESÓN para Lara que estaba de aniversario!! 

Na seguinte sesión xa tocou 

resolver un RETO!!

 O robot tiña que chegar dende a porta ata a habitación número 2 e emitir música!! Aí comezaron as cabeciñas a pensar e pensar... tocou probar e probar... e entrenar a paciencia!!


O traballo en equipo resultou imprescindible e finalmente todos/as o conseguimos!!

Grazas á profe Bea por axudarnos e acompañarnos nesta aventura!! 

Apertiñas robóticas!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Experimentamos e aprendemos coa ROBÓTICA!!

 Ola peques e familias!!  Este trimestre temos unha grande novidade!! Estamos aprendendo ROBÓTICA !!  Comezamos aprendendo que é un ROBOT, o...