18 febreiro 2026

Experimentamos e aprendemos coa ROBÓTICA!!

 Ola peques e familias!! 

Este trimestre temos unha grande novidade!! Estamos aprendendo ROBÓTICA!! 

Comezamos aprendendo que é un ROBOT, os diferentes tipos que temos no cole e as súas partes!! 

Despois xa nos adentramos no tema da PROGRAMACIÓN que é moi importante e fai que a nosa cabeciña se movilice e aprenda moito!! 

Chegaba a hora da verdade e comezamos a programar un dos ROBOTS por equipos!! Foi moi divertido!! 

Case sen darnos conta, traballamos lateralidade, inglés, matemáticas, razoamento, orde, traballo en equipo e moitas cousas máis!! Pero aínda quedaba un SORPRESÓN para Lara que estaba de aniversario!! 

Na seguinte sesión xa tocou 

resolver un RETO!!

 O robot tiña que chegar dende a porta ata a habitación número 2 e emitir música!! Aí comezaron as cabeciñas a pensar e pensar... tocou probar e probar... e entrenar a paciencia!!


O traballo en equipo resultou imprescindible e finalmente todos/as o conseguimos!!

Grazas á profe Bea por axudarnos e acompañarnos nesta aventura!! 

Apertiñas robóticas!!

3 comentarios:

  1. Foi moi divertido. Os robots molan

    ResponderEliminar
  2. Lara Oubiña02/03/26, 06:01

    E moi divertido ir a robótica!!! A min faime reír moito pq lle pos a ficha na boca e anda po lado que di a ficha !!🤣🤣🤣

    ResponderEliminar

Como molan as mates!!

 Ola peques e familias!!  Sempre nos encantaron as mates pero este trimestre está sendo xenial!! Xa levamos unhas semaniñas practicando conc...