20 febreiro 2026

Chegou a festa do ENTROIDO!!

 Ola peques e familias!! 

Despois do aprazamento por fin puidemos disfrutar dun gran día de FESTA!! A viaxe d@s COCIÑEIR@S COLOMBIAN@S estaba a piques de despegar!! 

Comezamos cunha grande actuación onde todo o cole viaxamos polo mundo bailando dun continente a outro!! Foi moi divertido!! 

Despois tocou continuar cun gran desfile polas rúas da Arousa lucindo disfraces e a nosa marabillosa PANCARTA!! Foi un momento de moita ilusión!! 


A merendola de postres típicos encantounos!! Grazas familias polas suculentas elaboracións!!

Que chula lucía a nosa aula con tanta cor!!

 E rematamos cuns bailes na aula e un longuísimo recreo!!

 Foi un día chulísimo!! 

Agora toca seguir polas rúas da Arousa esta fin de semana!! Que non pare o ENTROIDO CARCAMÁN!! 

Apertiñas entroideiras!!

3 comentarios:

  1. Que chulo era o noso disfraz, Vega Otero. E que ricas as rosquillas

    ResponderEliminar
  2. Lara Oubiña02/03/26, 05:57

    Fumos moi moi guapos !!!! E pasamo-lo genial 🥳🥳

    ResponderEliminar
  3. Como disfrutamos ese dia ,encantoume 🖤💛

    ResponderEliminar

Obradoiro dunha nai banqueira!!

Ola peques e familias!!  Como estamos cos EURO S que mellor que invitar a unha experta!! A semana pasada visitounos a nai de Lucas que é BAN...