10 febreiro 2026

Damos comezo ao ENTROIDO!!

Ola peques e familias!! 

Por fin chegou 

a semana de ENTROIDO!! 

Comezamos a VIAXE desta tradición tan especial polo máis cercano!! Visitounos un experto en MÁSCARAS TRADICIONAIS DO ENTROIDO DE GALICIA E ARREDORES e contounos cousiñas ben interesantes!!

 Alucinamos ao ver todas as MÁSCARAS que trouxo e, aínda máis, cando soubemos que as fixera todas el!! UN ARTISTA!! 

Unha das cousas máis interesantes é que se fan con materiais que hai en cada zona intentando aproveitar o que se ten e mercar o menos posible!! Tomamos nota para o noso OBRADOIRO DE LIBORIOS!! 

E nesta semana tamén tocou atender aos MANDADIÑOS DO MECO!! Que ben nos viñeron tamén para seguir traballando as RIMAS!!

Na nosa aula somos moi guiadiños e o luns non nos faltou detalle nos nosos pescozos!! 

Ata a profe se animou e fixemos unha foto ben divertida!! 

O martes completamos o noso atuendo decorando ou cubrindo as nosas caras!! Que divertido foi!! 

Mañá continuaremos... converténdonos en LIBORIOS!! E con sorpresas!! Como nos gusta esta semana!! 

Apertiñas entroideiras!!

1 comentario:

Oitava protagonista da semana!!

Ola peques e familias!!  Seguimos con esta actividade  na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e m...