09 febreiro 2026

Investigamos con contos!!

 Ola peques e familias!! 

Hoxe continuamos aprendendo sobre os SERES VIVOS cunha sorpresa de Amaranta, unha carteira que nos encantou!! 

Apareceu acompañada do seu propio libro e tamén doutros dos seus amiguiños!! Primeiro lemos a carta que nos deixou!! 


Enterouse que estabamos investigando sobre os SERES VIVOS e pareceulle que eses libros podían axudarnos. Non puidemos esperar para investigar porque queriamos descubrilo todo!!


Sabendo un pouquiño máis da nosa nova amiga, nos puxemos mans á obra cuns retos que nos propuxo a profe!! 

Traballamos en EQUIPO para intentar resolvelos e conseguímolo!! A verdade que son contos tan completos que puidemos repasar contidos de todas as materias!! 

A motivación foi tan grande que continuamos lendo os contos nas horas de lectura descubrindo que saía o faro de Punta Cabalo e ata lle pedimos á profe se podiamos facer unha sopa de letras que viña neles!! 

Grazas Amaranta! 

Volve pronto!! Esperámoste!!

 Apertiñas emocionadas!!

2 comentarios:

  1. Vega hoxe aprendemos moito grazas a amaranta sabemos mais .🐉

    ResponderEliminar

Obradoiro dunha nai banqueira!!

Ola peques e familias!!  Como estamos cos EURO S que mellor que invitar a unha experta!! A semana pasada visitounos a nai de Lucas que é BAN...