12 novembro 2025

Segunda protagonista da semana!!

 Ola peques e familias!! 

Seguimos coa actividade na que cada peque da aula terá a súa semana especial!! Todos/as merecemos espazos e momentos nos que sentirnos IMPORTANTES!! Neste caso tocoulle a Vega!!

Sempre comezaremos compartindo cos compis a CAIXIÑA DA VIDA, na que incluímos cousiñas especiais para nós por diferentes motivos!! Neste caso, un peluchiño, o chupete e os zapatiños de bebé, fotos importantes ou o xoguete e conto favoritos!! 

O conto que trouxo tamén tivo un lugar importante xa que Vega tivo unha SORPRESA!! A súa irmá Lara quixo preparalo para lérnolo na aula!!

 Ademais, Vega presentounos a parte da súa familia e ás súas mascotiñas con dúas fotiños moi bonitas!!

 Esperamos que fose unha gran semana para ti QUERIDA PROTAGONISTA!! 

Apertiñas emocionadas!!

4 comentarios:

  1. Gustoume moito a caixiña de Vega,estaba preciosa.Feliz semana de protagonista,Un biquiño Carme.❤️😘

    ResponderEliminar
  2. Que semana mais intensa 😅, e sobre todo bonita, Vega disfrutou moitisimo , a sua nai tamen! Que esperiencia tan bonita! Repetiremos! . Gustoume moito a miña semana profe , gracias Vega Otero e a sua nai ❤️

    ResponderEliminar
  3. Lucas Pazos16/11/25, 10:55

    Que bonita a caixa de Vega 😁💥

    ResponderEliminar

Un obradoiro moi saudable!!

  Ola peques e familias!!  Como sabedes, levamos semaniñas aprendendo moito sobre alimentación saudable!!  E que mellor que un OBRADOIRO che...