11 novembro 2025

Festexamos o San Martiño!!

Ola peques e familias!! 

Coa chegada do mes de NOVEMBRO e do OUTONO é o tempo de varios festexos moi TRADICIONAIS!! O primeiro deles é o DÍA DO SAN MARTIÑO!! A mestra contounos un pouco en que consistía e, ademais, tivemos un contacontos ben simpático!! 

Tamén aproveitamos para falar de REFRÁNS e non dubidamos en levar a cabo un dos máis importantes: "POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO"!! Saímos todo o cole ao patio a realizar unha gran TROMPADA!! 

Primeiro tocou poñer a punto os TROMPOS...

Así que un, dous, tres e... 

a XIRAR!! 

Pasámolo xenial e ata houbo agasallos para os trompos máis bailaríns!! Na nosa aula dámoslle os PARABÉNS a Emma!!

Xa fai un tempiño que estamos aprendendo moito sobre os trompos!! Ata realizamos uns preciosos deseños!!

Seguimos con TRADICIÓNS, estade moi atentos/as ao blog!! 

Apertiñas festeiras!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Festexamos o San Martiño!!

Ola peques e familias!!  Coa chegada do mes de NOVEMBRO e do OUTONO é o tempo de varios festexos moi TRADICIONAIS!! O primeiro deles é o DÍA...