Ola peques e familias!!
O coñecemento do corpo nunca ten fin porque hai tanto por descubrir!! Comezamos pola parte física da que xa somos uns expertos/as e na que xurden interesantes debates e aprendizaxes como... cal é a cor da pel??

Hai tantas opcións como persoas!!
E contos moi interesantes!!
Aproveitamos para ensinarvos o resultado da nosa silueta!!
Un gran traballo en equipo con bos resultados!!


O corpo tamén está presente nos momentos de xogo libre!! Mola aprender xogando!!
Pero tamén é de gran importancia o gran MUNDO DAS EMOCIÓNS!! Coñecelas para saber poñerlles nome, explicar que nos pasa e como nos sentimos axuda a saber xestionalas. Fai uns diíñas coñecémolas un pouco mellor utilizando o FOLIO MÁXICO e rematamos debuxando a emoción que sentiamos nese momento. Só puiden captar algunhas delas pero a ALEGRÍA estaba presente en todos os debuxos, que marabilla!!
Pero agora xa estamos máis preparados/as para cando as demais aparezan, xa que todas son válidas e importantes!! E vós familias, como vos sentides respecto a este principio de curso? Podedes compartilo nun comentario se vos apetece!!
Apertiñas emocinais!!
Moi no traballo 😊
ResponderEliminarA Carme encantalle descubrír cousas novas.❤️
ResponderEliminarLucas está moi feliz en este curso e o seu papá e a sua mamá moito mais.
ResponderEliminar