15 outubro 2025

O corpo e as emocións!!

Ola peques e familias!! 

O coñecemento do corpo nunca ten fin porque hai tanto por descubrir!! Comezamos pola parte física da que xa somos uns expertos/as e na que xurden interesantes debates e aprendizaxes como... cal é a cor da pel?? 

Hai tantas opcións como persoas!!  

E contos moi interesantes!!

Aproveitamos para ensinarvos o resultado da nosa silueta!! 

Un gran traballo en equipo con bos resultados!!



O corpo tamén está presente nos momentos de xogo libre!! Mola aprender xogando!!

Pero tamén é de gran importancia o gran MUNDO DAS EMOCIÓNS!! Coñecelas para saber poñerlles nome, explicar que nos pasa e como nos sentimos axuda a saber xestionalas. Fai uns diíñas coñecémolas un pouco mellor utilizando o FOLIO MÁXICO e rematamos debuxando a emoción que sentiamos nese momento. Só puiden captar algunhas delas pero a ALEGRÍA estaba presente en todos os debuxos, que marabilla!! 


Pero agora xa estamos máis preparados/as para cando as demais aparezan, xa que todas son válidas e importantes!! E vós familias, como vos sentides respecto a este principio de curso? Podedes compartilo nun comentario se vos apetece!! 

Apertiñas emocinais!!

3 comentarios:

  1. Moi no traballo 😊

    ResponderEliminar
  2. A Carme encantalle descubrír cousas novas.❤️

    ResponderEliminar
  3. Laura e Lucas20/10/25, 12:05

    Lucas está moi feliz en este curso e o seu papá e a sua mamá moito mais.

    ResponderEliminar

Festa de Nadal!!

Ola peques e familias!!  Co fin de trimestre chegou a tan esperada celebración do Nadal no cole!! Comezamos cunha merendola de chocolate con...