28 outubro 2025

A alimentación saudable moi presente!!

Ola peques e familias!! 

O mundo da ALIMENTACIÓN SAUDABLE está sendo moi motivador para nós!! Ademais, está presente a diario grazas á colaboración das familias nas estupendas merendas!! 

Sen esquecernos da importancia da SAÚDE MENTAL que se fortalece con cousiñas como estas marabillosas mensaxes!! Ata practicamos idiomas!!

Fai uns días volvemos a utilizar a libreta para clasificar desta vez alimentos que debemos consumir a diario por unha parte e outros que deben estar menos presentes!! 

Era unha actividade que requería de moitas habilidades, entre elas, unha boa organización dentro dun certo "caos", o seguimento de varios pasos, a reflexión ante cada alimento e un IMPORTANTÍSIMO TRABALLO EN EQUIPO!! Foi marabilloso velos traballar así e os estupendos resultados e aprendizaxes!!

Para ir máis alá, dende o cole organizamos a SEMANA DA FROITA!! Na nosa aula incluímos nela un LIBRIÑO DE RETOS que todos/as superamos e unha GRÁFICA na que diariamente rexistrabamos cantas froitas traiamos e de que tipo!! 

Conseguimos o PLENO!! E o máis importante, traballar mates, merendar saudable e rico e animarnos a probar froitas diferentes!! Así que OBXECTIVO MÁIS QUE CONSEGUIDO!!

 Apertiñas saudables!!

1 comentario:

Apadriñamentos lectores!!

Ola peques e familias!!  O mes pasado no Día das Bibliotecas Escolares Libria presentounos unha actividade preciosa: OS APADRIÑAMENTOS LECTO...