29 outubro 2025

Obradoiro de cociña!!

Ola peques e familias!! 

Como sabedes, levamos semaniñas aprendendo moito sobre alimentación saudable!! Este tema vai moi unido á temática escollida en 1º: "COCIÑEIROS/AS VIAXEIROS/AS"!! Antes de despegar a outros países do mundo estamos descubrindo os recursos da Illa de Arousa e da nosa comunidade autónoma: Galicia!! Polo que a pasada semana tivemos un OBRADOIRO DE COCIÑA que o uniu todo!! 

Seguimos tamén co tema das profesións polo que misturando todo... recibimos a visita do pai de Leire que é cociñeiro!! 


Con el cociñamos paso a paso unha receita da nosa terriña!! EMPANADILLAS!! 

Primeiro tocou facer o recheo con ingredientes ben saudables!!

 Despois, pesamos a masa para dividila, preparala e recheala!! 


Para distinguir a empanadilla de cada un/unha elaboramos as nosas iniciais que colocamos na parte superior!!

 Feito isto, pintámolas con ovo e foron directas ao forno, o cal é unha mellor opción á fritura. 

 Mentras esperabamos a que se cociñasen, tivemos a sorte de que Álvaro nos preparase unhas TORTITAS!! Tamén moi, moi saudables con AVEA e PLÁTANO como ingredientes principais!! Encantáronnos!!

 Antes de marchar, agasallamos a Álvaro cun merecido DIPLOMA e clasificamos a súa profesión nas que prestan SERVIZOS!! 

Moitas grazas pola túa visita!! Aprendemos un montón (ata mates e lectoescritura!), entrenamos a motricidade das nosas manciñas un pouquiño máis para a escritura sen darnos conta, merendamos rico e saudable e pasámolo xenial!! Tamén descubrimos que os ingredientes máis importantes para a cociña son a PACIENCIA e o AGARIMO!! 

Apertiñas agradecidas!!

1 comentario:

Apadriñamentos lectores!!

Ola peques e familias!!  O mes pasado no Día das Bibliotecas Escolares Libria presentounos unha actividade preciosa: OS APADRIÑAMENTOS LECTO...