Ola peques e familias!!
Seguindo o noso PROXECTO deste curso: "AROUSA EN TRADICIÓN" non podiamos deixar pasar a celebración deste día!! Asi que como di o REFRÁN:
"POLO SAN MARTIÑO,
TROMPOS AO CAMIÑO"!!
Xa levabamos un tempiño practicando co profe Toño en Educación Física e hoxe continuamos antes da gran TROMPADA!!
Chegou o momento así que reunímonos no patio con tod@s @s compis do cole e preparamos os nosos TROMPOS!!

A nosa quenda chegou e nos preparamos moi ilusionad@s e concentrad@s!!

Despois dunha CONTA ATRÁS... tocoulle á nosa clase botar os TROMPOS AO CAMIÑO!!
Mentras lle tocaba a quenda aos outros cursos non deixamos de animalos!! Fixérono tod@s xenial!!
E para dar remate e unha actividade tan chula...chegou a GRAN TROMPADA!!
Como molou tirar o trompo todo o cole á vez!!
E de TRADICIÓN en TRADICIÓN...seguiremos o curso!! PRÓXIMA PARADA: O MAGOSTO!! Apertiñas tradicionais!!
Ola, son Breixo.Gustoume moito a trompada, ¿ Podemos repetir ? Chao
ResponderEliminarOla a todos e todas que guai estuvo a trompada. Encantoume está tradición.
ResponderEliminarPola San Martiño trompos o camiño, pero ahora vai un reto para vos 😂😂 E polo San Amaro?? A ver quen o sabe 🤔🤔🤔 Un saúdo, a nai de Hugo
Ola son Enma, foi moi divertida a Trompada, estaría moi guai facer máis!vémonos no Magosto.💋💕🫶🏻💮❤️🔥❤️💔❣️💞💘💝❤️🩹💗💓🫰🏻🎧😻🧋
ResponderEliminarQue tantos recordos me traen os trompos, cando nós éramos pequen@s xogábamos moitísimo cos trompos, canicas, corda, gomas, truquel…. Non hai nada máis divertido que os xogos tradicionais. E Noelia contestando ao teu reto eu digo…. Polo San Amaro trompos ao faiado. Tranquilos aínda quedan 2mesiños para o San Amaro. Carolina(mamá de Enma)😀😃
ResponderEliminarOla son Mía encantoume a trompada !!!paseino pipa!!!😂😃💖
ResponderEliminarOla son Valentina, Que ben o pasei na trompada. Pero oxe encantoume o magosto. Quero repetir 🌰🌰🌰🌰 chao
ResponderEliminarOla son Roi e gustoume moito atronpada
ResponderEliminar