Ola peques e familias!!
E de TRADICIÓN E TRADICIÓN tiramos porque nos toca celebrar...o MAGOSTO!! Que festa tan bonita e que o engloba todo!! Para comezar viñemos ataviad@s para gozar dunha verdadeira romaría popular!!
Cal?? No vídeo volo din!!
Continuamos cunha boa xornada de XOGOS POPULARES!!
O de antes era ben divertido, que SORTE temos de poder gozar desta alternativa en todos os recreos!! Grazas aos compis de sexto por axudarnos e acompañarnos!! Pasámolo pipa!!

Canto traballaron tod@s @s mestr@s do cole para organizar unha xornada tan completa e TRADICIONAL para nós!! GRAZAS A TOD@S!!
Quedamos agotad@s e tocou repoñer forzas con CASTAÑAS ASADAS E BOCADILLOS DE CHOURIZO!! Así que collemos os nosos preciosos portacastañas e a comer!! Dos nosos momentos favoritos!!
E despois dun loooongo recreo, chegou a FOLIADA!! Unhas profes pandereteiras e cantareiras xunto coas nenas da asociación DORNA fixemos un bo equipo para animala!! A nosa profe aproveitou para darnos unha SORPRESA!!
Despois tocou bailar TODO O COLE XUNT@S a Danza da Carballesa!! Foi un reto divertidísimo!!
Por suposto tamén tivemos un ratiño de BAILE TRADICIONAL LIBRE!! E rematamos... coa queima dos MEDOS do Samaín aproveitando o lume do asado de castañas!! MEDOS FÓRA!!
Un día inesquecible e precioso!!

Apertiñas tradicionais!!
Ola son Hugo gustoume moito veeeeeeeeeeeeeeeer cómo bailamos todo o cole🍂🍂🍂🍁🍁🍁🍁🍂🍂🍂🍃🍃 Chao.
ResponderEliminarHola son Roi o magosto estuvo moi moi chulo
ResponderEliminarOla son Enma o que máis me gustou do magosto foi tocar a pandeireta e a sorpresa da profe Ali.O bocadillo de chourizo estaba delicioso.🌰🌰🌰🌰🥖🥖🥖🥖🥖🥨🥯🍞🥐😃💋💝🫶🏻
ResponderEliminarOla son Valentina , quero repetir o magosto xa. Tocar a pandeireta, poñer o traxe tradicional e xogar e bailar. Bicos a todos. Chaoooo 🌰🌰🌰🎉🎉😅🥳🌰🌰🎉🎉🥳🥳🥰🎈🎈🎈🌰🌰🤭🧡🥴😍😍🙏🥰😘
ResponderEliminar