mércores, 13 de novembro de 2024

O Magosto, que bonita tradición!!

Ola peques e familias!! 

E de TRADICIÓN E TRADICIÓN tiramos porque nos toca celebrar...o MAGOSTO!! Que festa tan bonita e que o engloba todo!! Para comezar viñemos ataviad@s para gozar dunha verdadeira romaría popular!! 

Cal?? No vídeo volo din!! 

Continuamos cunha boa xornada de XOGOS POPULARES!! 

O de antes era ben divertido, que SORTE temos de poder gozar desta alternativa en todos os recreos!! Grazas aos compis de sexto por axudarnos e acompañarnos!! Pasámolo pipa!! 

Canto traballaron tod@s @s mestr@s do cole para organizar unha xornada tan completa e TRADICIONAL para nós!! GRAZAS A TOD@S!!

 Quedamos agotad@s e tocou repoñer forzas con CASTAÑAS ASADAS E BOCADILLOS DE CHOURIZO!! Así que collemos os nosos preciosos portacastañas e a comer!! Dos nosos momentos favoritos!! 

E despois dun loooongo recreo, chegou a FOLIADA!! Unhas profes pandereteiras e cantareiras xunto coas nenas da asociación DORNA fixemos un bo equipo para animala!! A nosa profe aproveitou para darnos unha SORPRESA!! 

Despois tocou bailar TODO O COLE XUNT@S a Danza da Carballesa!! Foi un reto divertidísimo!!

 Por suposto tamén tivemos un ratiño de BAILE TRADICIONAL LIBRE!! E rematamos... coa queima dos MEDOS do Samaín aproveitando o lume do asado de castañas!! MEDOS FÓRA!!

Un día inesquecible e precioso!! 

Apertiñas tradicionais!!

4 comentarios:

  1. Ola son Hugo gustoume moito veeeeeeeeeeeeeeeer cómo bailamos todo o cole🍂🍂🍂🍁🍁🍁🍁🍂🍂🍂🍃🍃 Chao.

    ResponderEliminar
  2. Hola son Roi o magosto estuvo moi moi chulo

    ResponderEliminar
  3. Ola son Enma o que máis me gustou do magosto foi tocar a pandeireta e a sorpresa da profe Ali.O bocadillo de chourizo estaba delicioso.🌰🌰🌰🌰🥖🥖🥖🥖🥖🥨🥯🍞🥐😃💋💝🫶🏻

    ResponderEliminar
  4. Ola son Valentina , quero repetir o magosto xa. Tocar a pandeireta, poñer o traxe tradicional e xogar e bailar. Bicos a todos. Chaoooo 🌰🌰🌰🎉🎉😅🥳🌰🌰🎉🎉🥳🥳🥰🎈🎈🎈🌰🌰🤭🧡🥴😍😍🙏🥰😘

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...