luns, 25 de novembro de 2024

25N - Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

Ola peques e familias!! 

Hoxe reunímonos todo o colexio no patio para unha CONMEMORACIÓN que ogallá pronto non sexa necesaria. 

O 25 de NOVEMBRO é o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. Seguindo o tema da TRADICIÓN, a actividade tratábase de reflexionar sobre a estrofa dunha muiñeira que se asignou a cada curso e CAMBIAR o que considerasemos violento. 

A estrofa de segundo foi a seguinte: 

Despois dunha longa reflexión sobre eses versos pero tamén sobre todos os tipos de VIOLENCIA que aínda nos rodean, puxemos en común cos compis de 2º B as ideas que tiñamos para cambiala.

O resultado da nosa aula foi o seguinte!!

O seguinte paso era dramatizala!! Así que practicamos moito na clase!!

E hoxe tocou facelo con todo o cole!! 

Este foi o resultado do GRAN TRABALLO EN EQUIPO!! 

Na nosa aula e no noso cole... 

NON QUEREMOS VIOLENCIA!!

 Apertiñas reivindicativas!!

5 comentarios:

  1. Ola son Enma,
    Ter preto unha campioa, é unha sorte tremenda, traballa de maravilla, sen que un home a deteña. Ailalala ailalala ailalalalarararara!! Non podo parar de cantala!!💜

    ResponderEliminar
  2. Ola, pero que cantigas tan fermosas vos quedaron. Menuda volta de folla máis bonita lle déstedes, e con mensaxes tan reais e importantes.Unha aperta reivindicativa! Carolina( a mamá de Enma)

    ResponderEliminar
  3. Ola son a nai de Hugo. Unha estrofa moi bonita para o 25N, esperemos que se acabe pronto esa violencia, que todos os días sexan 25 de Novembro 😍😍😍
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  4. Olá sin Valentina, non paro de cantar a canción, cantos todo o día. Gustoume moito o día de onte. Apertas 😵‍💫😍🥰😘😍❤️😘🎉😇

    ResponderEliminar
  5. Ola son Alén, desexaría que isto da violencia acabase dunha vez. ☮☮☮☮

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...