venres, 22 de novembro de 2024

Visita ao CENTRO DE DÍA LEMBRANZAS!!

Ola peques e familias!! 

Esta semana vivimos unha experiencia moi emocionante!! 

Despois de traballar intensamente o curso pasado o tema da ARTERAPIA facendo felices aos avoíñ@s dos CENTROS DE DÍA da Arousa, Cambados e Vilagarcía a través de cartas, debuxos e visitas del@s ao cole... tocounos coller o bus e visitar o último!! 

O elfiño e Amaranta quixeron vir con nós e estaban tan content@s que bailaron durante toda a viaxe!!

Nós estabamos moi emocionad@s!! Era unha excursión verdadeiramente especial polo seu significado!! 

Só chegar recibíronnos con aplausos!! Foi incrible!! 

Ver as súas cariñas e disfrutar das súas apertas e bicos fixo moi especial a chegada!! Alucinamos cando vimos o nome do proxecto do cole na súa pantalla!! E tamén o do proxecto de segundo!!


 Para comezar fixemos un precioso XOGO DE PRESENTACIÓN!! 

Despois fixemos equipos mesturados e tocaba colaborar para coñecer máis sobre a TRADICIÓN coa axuda dun xogo que nos prepararon os avoiñ@s!! 

Incluía cantar a bailar moito!! 

Ata cun concerto moi especial!!

Foi un momento divertido, didáctico e emocionante a partes iguais!! Tamén tiñan preparado o xogo das cadeiras onde a empatía foi o mellor ingrediente!! Unha imaxe vale máis que mil palabras!! 

A unión á hora de animar foi preciosa!! E comentarios dun peque cara unha "avoíña" como: "Moi ben Isabel, ganaches catro rondas!!" deixáronnos sen palabras!!

Compartir CANTIGAS TRADICIONAIS e moitos SORRISOS demostrou que "NON HAI FRONTEIRAS" entre nós!! 

Nós tamén tiñamos unha SORPRESA!! 


Unha carta moi especial e debuxos feitos con moito amor que lles encantaron!!



Compártovos unha conversa da seguinte imaxe:

 - Encantaríame ler a vosa carta pero non sei... (avoíña) 
- Se queres lémoscha nós!! (peques)

Invitáronnos a unha riquísima merendola para repoñer forzas!! 

E... seguimos con BINGO de CANTIGAS TRADICIONAIS e música máis moderna!! 

O equipo gañador tivo ata TROFEO feito pol@s avoíñ@s!! 

Pero como tod@s o fixemos tan ben decidimos compartilo!! Tamén...co elfiño!! Non podía ter mellor comezo o noso proxecto de segundo: "CONTAMOS, CANTAMOS...RECORDAMOS".

O momento máis emotivo chegou cando nos agasallaron con PULSEIRAS DA AMIZADE que debiamos intercambiar con alguén!! Ata tiñan unha para Amaranta e o elfiño!! As emocións estiveron a flor de pel... 

Aproveitando un raio de sol fomos un ratiño ao parque acompañados por algún avoíño!! 

E aínda quedaba un agasallo moi especial para @s peques e as mestras!!

 Sen dúbida esta excursión merecía unha entrada longa e, aínda así, aquí non se pode recoller o verdadeiramente importante... os momentos especiais compartidos, as aprendizaxes, valores e emocións que levamos para sempre nos nosos CORAZONCIÑOS!! 

E nos nosos SORRISOS!! Aquí unha mensaxe despois dunha actividade de reflexión que fixemos ao día seguinte!!

Faltan palabras para AGRADECER tanto agarimo por parte d@s AVOÍÑ@S, de Carolina e do seu equipo!! Sodes moi especiais!! 

Levámosvos no CORAZÓN e esperamos prontiño a vosa visita ao cole!!

Se aínda queredes ver máis pinchade no seguinte enlace:

CENTRO DE DÍA LEMBRANZAS

 Apertiñas moi emocionadas!!

4 comentarios:

  1. Ola a tod@s, que excursión tan bonita e que tantas tradicions vos contaron no centro de día Lembranzas. Ainda que hai moitos anos de diferencia esta claro que como di a canción "NON HAI FRONTEIRAS", as imaxes valen mais que 1000 palabras 😍😭😍
    Moitas gracias as profes por organizar esta maravillosa excursión e o centro de Día Lembranzas por deixarlles pasar unha mañá tan enriquecedora. Un saúdo, a nai de Hugo 👏👏👏👏👏

    ResponderEliminar
  2. Ola son Hugo gustaronme moito ver os vídeos e iiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiir o centro de día Lembranzas a veeeeeeeeeeer os avoiños e estaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaar con eles. E a avoiña mais graciosa de todas foi Sita e o mais gracioso dos avoiños foi Ramón, estuvo moooooooooi chulo quero que veñan o cole e ahora quero ir o centro de Cambados, estuvo moi guai a excursión. Quero repetir, un saúdo 🧓🧓🧓🧓🧓🧓🧓🧓🧓🧓👩‍🦳

    ResponderEliminar
  3. Ola!! Que día cheo de emocións e aprendizaxes, pero sobre todo de moitos sorrisos!!
    Gracias a vós por vir e facer un pouco máis felices os nosos “avoiños/as”
    Mañá voulles a ensinar esa pedazo sorpresa en forma de vídeo que lle mandades dende o blog.
    E como xa vos dixo Ramón vémonos moi prontiño no cole!
    Apertas!Carolina(a mamá de Enma)

    ResponderEliminar
  4. Ola rapaciños e rapaciñas, somos os avós e avoas de Lembranzas, Sita e Ramón din que o pasaron estupendamente con vós. Sodes uns artistas, demostrando no concurso que tedes un montón de coñecementos sobre as nosas tradicións musicais . Esperamos vervos pronto de novo xa que non paramos de falar de vós en todo o día . Uns biquiños e unhas apertas moi grandes!! Querémosvos moito :)

    ResponderEliminar

Aniversarios do terceiro trimestre e verán!!

Ola peques e familias!!  Este trimestre festexamos os últimos ANIVERSARIOS do curso!! Comezamos cos de Álex, Carmen, Sofía e Icía que quixer...